Saltar ao contido

Wenceslao Requejo Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWenceslao Requejo Pérez
Biografía
Nacemento4 de novembro de 1866 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de outubro de 1947 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Pereiró Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncatedrático Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX5444943

Wenceslao Requejo Pérez, nado en Vigo o 4 de novembro de 1866 e finado na mesma cidade o 14 de outubro de 1947,[1] foi un profesor galego, membro fundador da RAG.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Requejo dirixiu a Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Doutor en Dereito, bibliófilo e gran orador, foi profesor de lexislación, economía política e xeografía, fundador e primeiro director da Biblioteca Municipal García Barbón de Vigo e director en varias etapas da Escola Municipal de Artes e Oficios, da que formou parte durante máis de cincuenta anos.[3]

Foi un dos membros fundadores da Real Academia Galega en 1905.[4] Xubilouse o 4 de novembro de 1936.[5]

Foi soterrado no Cemiterio de Pereiró.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]